Oliver Laxe participa nunha campaña para promocionar a 'Gandería Heroica' dos Ancares

LugoXa
O proxecto darase a coñecer nas redes de ‘O Sabor dos Ancares’, a iniciativa de comercialización de tenreira galega suprema da cooperativa A Carqueixa
gandeiría vacas monte
15 Mar 2021

O cineasta Oliver Laxe e o presidente da cooperativa A Carqueixa, José Antonio Díaz, presentaron este luns unha campaña audiovisual en liña para promocionar e difundir a 'Gandería Heroica' dos Ancares. En concreto, o proxecto, dirixido por Laxe, darase a coñecer a través das redes de 'O Sabor dos Ancares', a iniciativa de comercialización directa de tenreira galega suprema desta cooperativa de Cervantes.

A campaña componse de vídeos curtos a través dos cales o cineasta difunde as artes, manexos e maneira de vivir das persoas que integran a cooperativa, habilidades que considera 'gandeiría heroica' que mantén vivos Os Ancares.

"Estamos a falar de moitas décadas nas que o mundo lles dixo que o que facían non era lóxico nin rendible nin racional. Con todo en contra, coidaron dos Ancares con esas invisibles vacas libres que salpican a paisaxe, esas que fan a transhumancia ata Os Ancares bercianos, con todo o que iso implica a nivel cultural, paisaxístico e ambiental", explica Oliver Laxe.

Ademais, o cineasta subliñou que esta campaña pon o foco "sobre o traballo milenario que seguen facendo os pastores" nesta zona, a través do pastoreo extensivo, e asegurou que cando se compra esta carne "está a protexerse un modo de vida e uns valores" que garanten a biodiversidade dos Ancares.

oliver laxe a carqueixa ancares
0.20065999031067