Orbazai celebra o seu Entroido este martes con desfile, premios e actuación do Mago David Méndez

LugoXa
O evento incluirá tamén unha merenda de chocolate con churros e espera arredor de 120 participantes
Entroido-Orbazai-Lugo
16 Feb 2026

A Asociación de Veciños de Orbazai organiza o Entroido este martes, 17 de febreiro, a partir das 17:00 horas, cunha xornada comezará cun desfile de disfraces, seguido dunha entrega de premios na que o xurado estará formado polo alcalde de Lugo, Cristina López e Flor Rubinos.

Tras a entrega de premios, actuará o Mago David Méndez e, para rematar a celebración, os asistentes compartirán unha merenda de chocolate con churros.

Segundo as previsións da organización, espérase a presenza dunhas 120 persoas, creando un ambiente festivo e familiar no marco desta tradicional cita do Entroido.

⚙ Configurar cookies
0.081877946853638