Orbazai celebra o vindeiro mes a súa X Foliada

LugoXa
A decima edición da Foliada de Orbazai arrancará ás 14 horas cunha churrascada popular para a que é necesaria a reserva.
Foliada Orbazai
16 Maio 2022

A parroquia de Orbazai celebra o 18 de xuño a súa tradicional Foliada. A decima edición desta festa arrancará ás 14 horas cunha churrascada popular para a que é necesaria a reserva.

Será a partir das 18 horas cando comece a festa. E é que Madia Leva, Son de Lugh, Reviravolta e Airiños de Orbazai amenizarán a tarde con música tradicional. Ás 21 horas arrancará a foliada popular con degustación de pinchos.

Para a reserva da churrascada, será necesario contactar no enderezo electrónico airinosdeorbazai@hotmail.com

0.19330191612244