Orbazai reivindica a música tradicional cunha nova edición da súa Foliada
Orbazai xa ten data para celebrar unha nova edición da súa tradicional Foliada, unha celebración popular que reivindica a música tradicional e pon de manifesto o dinamismo social e cultura da parroquia lucense. A décimo segunda edición da cita terá lugar o vindeiro sábado 1 de xuño.
Airiños de Orbazai, a Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes, organiza de novo esta xornada na Carballeira de Xanares, que se remonta ao ano 2011 e na que adoitan participan grupos de orixe lucense que demostran que a nosa música está a vivir un rexurdir. Na última xuntanza contaron por primeira cunha formación portuguesa, o Rancho Folclórico Santa María de Adaufe, de Braga, que se sumou a Son de Lugh, Fol do Raxal, Cantareiras D ́Xanares e Airiños de Orbazai.
Ademais, o programa tamén incluíu unha feira de artesanía cunha decena de postos de teceduría, xogos de madeiras, obradoiros de construción de instrumentos ou produtos agroalimentarios e un xantar no que se deron cita unhas 400 persoas.