Organizadas dúas novas visitas guiadas ás catas arqueolóxicas do barrio do Carme

LugoXa
Lugo organiza o 28 de xullo dúas novas visitas guiadas ás catas arqueolóxicas que se están executando no barrio do Carme.
escavacions arqueoloxicas o carme
27 Xul 2021

Lugo organiza o 28 de xullo, con motivo da celebración do Día internacional da Arqueoloxía, dúas novas visitas guiadas ás catas arqueolóxicas que se están executando no barrio do Carme, fronte á igrexa do Carme e á sala de exposicións Porta Miñá, á beira da rúa do Carme e do Camiño Primitivo de Santiago.

Así pois, esta é a última intervención na zona xa que, anteriormente, houbera unha en 1994 e outra no 2005. Estas intervencións revelaron a existencia nesta zona dunha importante ocupación do espazo urbano durante os primeiros séculos de existencia da cidade, que durante a súa etapa baixoimperial puido ter acollido espazos de carácter funerario ou necrópoles, vencelladas ao decurso da vía romana á súa saída da cidade.

Estas visitas chegan a través da estratexia Dusi - Muramiñae e realizaranse ás 12.30 e ás 17 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 982 297 377, entre as 16 e as 20 horas e entre as 10 e as 11 horas. Haberá dez prazas libres en cada quenda.

0.19258809089661