Organizan en Burela un concerto didáctico de percusión

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O mércores 20 de novembro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un concerto didáctico de percusión.
19 Nov 2019

O mércores 20 de novembro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un concerto didáctico de percusión. Será ás 12:30 horas. Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “este concerto pretende amosarlle ao público a combinación entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica. Cales son as diversas posibilidades  da  música  contemporánea actual combinada con outras músicas máis populares e urbanas”.

Carballal sinalou que “o programa composto por 6 obras abarca instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma son os tubos metálicos, as tixolas ou potas, placas de ferro e tamén instrumentos melódicos como a marimba.As diferentes formas de facelos sonar, mediante o uso de diferentes baquetas, variñas, escobillas ou incluso as propias mans, fan que se exploren todas as posibilidades tímbricas desta gran familia de instrumentos. Isto en combinación coa electrónica nos transporta a diferentes ambientes e culturas: dende os sons máis urbanos propios dunha sesión de Dj,os sons dos gameláns asiáticosreminiscencias minimalistasou mesmo fragmentodo discurso de Martin Luther King sobre os dereitos humanos”. 

O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, subliña que “todo o repertorio é puramente escrito no século XXI, por compositores americanos e europeos e entre estes, os galegos. A evolución das músicas populares ata os nosos días, é o nexo común de todas estas pezas musicais. Cada obra será presentada ao público tratando de explicar dun xeito o máis didáctico posible sobre que tratan, como sona cada instrumento por separado e como están relacionados a electrónica e a partitura.A finalidade é que os alumnos teñan un achegamento aos instrumentos da familia da percusión e de cómo esta foi medrando ata converterse nun instrumento vangardista do século XXI en combinación con outro tipo de sons”.

0.14909291267395