Organizan o día 25 unha charla en Outeiro sobre violencia de xénero

LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla Prevención da violencia de xénero e a discriminación contra a muller.
violencia de xenero
20 Nov 2021

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero o próximo día 25 de novembro, o Concello de Outeiro de Rei convoca a todas as persoas interesadas a asistir á charla Prevención da violencia de xénero e a discriminación contra a muller.

Esta charla será impartida pola sarxento da Garda Civil Ana Isabel Caleya Ortiz, comandante do posto de Baralla e formadora do Equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo en temáticas de igualdade e violencia de xénero; a cita será no salón de actos da casa da cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h.

Con esta charla preténdese, entre outros obxectivos, sensibilizar á poboación en xeral nesta materia para evitar situacións de violencia de xénero; tamén, identificar  posibles condutas de violencia  de xénero e dar  pautas de actuación destinadas tanto a mulleres que poidan vivir esa situación como tamén á poboación que sexa coñecedora dalgunha situación de violencia.

As persoas que asistan recibirán un pequeno agasallo consistente nunha bolsa reutilizable realizada dentro  da  campaña que leva a cabo o Concello de Outeiro de Rei con motivo desta data.

0.067759990692139