Organizan senllas festas infantís en Castro de Rei e de Ribeiras de Lea polo Entroido
Aínda pendentes de si este ano o colectivo CuldeCastro organizará a tradicional festa de Entroido para adultos, o Concello ten previsto, como todos os anos, actividades para a rapazada.
Así, os pequenos terán o sábado 18 en Castro Ribeiras de Lea e o domingo 19 en Castro de Rei senllas festas infantís con concurso de disfraces, merenda de entroido, maquillaxe infantil, música, animación e bolsa de larpeiradas.
Estas celebracións, nas que haberá premios para as mellores parellas e grupos, ademais dos disfraces individuais mellor traballados, será de 16.00 a 19.00 horas, no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo e na casa da cultura, respectivamente.
Estas festas están abertas á rapazada entre os 0 e os 14 anos.
Para participar nesta actividade gratuíta será necesario entregar a correspondente ficha oficial nas oficinas do Concello antes do 15 de febreiro.
De celebrarse a festa de adultos esta tería lugar o 4 de marzo, pero está aínda sen confirmar a súa celebración, segundo indicaron dende a organización.