Organizan un campionato de tute en Friol
TerraChaXa | LugoXa
O Fórmula 2 de Friuol acolle este sábado, 14 de maio, a partir das 21.00 horas o primeiro Campionato de Tute aberto a toda a poboación.
13 Maio 2022
O café bar Fórmula 2 de Friuol acolle este sábado, 14 de maio, a partir das 21.00 horas o primeiro Campionato de Tute aberto a toda a poboación.
Os premios consistirán en dous xamóns para o campión, dúas latas de aceite para os segundos calsiicados e dous queixos para os terceiros. Na repesca levará tamén agasallo a parella gañadora, dúas botellas de viño, e os segundos terán dous queixos de Friol.
A inscrición está aberta, a un prezo de 20 euros, no teléfono 689 466 952 ou 682 489 415 ou no propio local.