Organizan unha cea solidaria contra o proxecto eólico do Monte Contado

LugoXa
Será este venres no CS Madia Leva e con menú vegano
cartel-cea-solidaria-monte-contado
Cartel da cea solidaria
11 Xuño 2024

A delegación de Lugo de Adega organiza este venres 14, coincidindo co Arde Lucus, unha cea solidaria no CS Madia Leva (Rúa Serra dos Ancares 18) a favor da campaña de doazóns Tí Podes Paralos! para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do polígono eólico Monte Contado, proxectado entre os concellos de Lugo e Castroverde, e que afectaría aos Lagos de Teixeiro e ao Camiño Primitivo.

O menú terá entrantes veganos e omnívoros, o prato principal será unha paella vexetariana, e para rematar haberá sobremesas variadas. O prezo será de 15 euros. Calquera persoa pode sumarse á cea e reservar a súa praza antes do xoves ás 13 de xuño ás 13h escribindo a adegalugo@adega.gal ou chamando ao 982240299.

0.20345592498779