Organizan unha charla sobre xornalismo no marco da actividade 'De conversa con...'

LugoXa
Será o 15 de febreiro na Despensa do Sáa coa participación de Enrique G. Souto e Montse González Álvarez
A-Despensa-do-Saa
12 Feb 2025

A Despensa do Sáa segue adiante coa súa programación cultural e anuncia unha nova cita na súa actividade De conversa con... o próximo 15 de febreiro, a partir das 20.00 horas.

Nesta ocasión, o convidado será o xornalista lucense Enrique G. Souto, que falará sobre xornalismo xunto á escritora Montse González Álvarez (Magadán), responsable de Normalización Lingüística no servizo de publicacións da Deputación Provincial de Lugo.

Bajo o título Xornalismo? Qué xornalismo?, a charla abordará o estado actual do xornalismo, os seus retos e a súa evolución, tema no que Souto, cunha ampla experiencia no ámbito, ofrecerá a súa visión.

Enrique G. Souto, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, foi redactor de La Voz de Galicia en Lugo durante 35 anos, especializado en crónica municipal e política. Ademais, desempeñou un importante labor como asesor de comunicación do grupo provincial do PP na Deputación de Lugo entre 2019 e 2023. A súa formación tamén inclúe a súa faceta docente como profesor asociado na USC durante catro anos no grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

Pola súa parte, Montse González, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e autora do poemario Chorimas serodias (2016), preside a asociación cultural Caldaloba e ten unha destacada traxectoria na literatura e na cultura galega. Participou en numerosos actos culturais, presentacións e pregóns, ademais de ser membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

0.17110586166382