Organizan unha excursión á Ribeira Sacra lucense dentro do programa Rábade por Galicia

LugoXa | TerraChaXa
As inscricións poden realizarse ata hoxe, 16 de xuño, na Área de Cultura e Deporte del Concello
aldea-ribeira-sacra-imaxe-fears
16 Jun 2026

O Concello de Rábade organiza para o vindeiro 21 de xuño unha excursión á Ribeira Sacra lucense no marco do programa Rábade por Galicia, unha iniciativa que busca achegar á veciñanza algúns dos destinos máis emblemáticos da comunidade.

A xornada incluirá unha visita á adega Regina Viarum, un paseo en catamarán polo Canón do Sil e unha visita á cidade de Monforte de Lemos, combinando patrimonio, paisaxe e enoturismo nunha mesma proposta.

O prezo da actividade é de 45 euros por persoa e inclúe as entradas ás distintas visitas programadas, unha cata de viños na adega, o paseo en catamarán, a comida, o desprazamento en autobús de ida e volta e o seguro correspondente.

As inscricións poden realizarse ata hoxe, 16 de xuño, na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade.

Esta actividade enmárcase na programación especial do centenario do municipio e pretende ofrecer á cidadanía unha oportunidade para descubrir un dos espazos naturais e culturais máis representativos da provincia de Lugo a través dunha experiencia organizada e accesible para todos os públicos.

0.12235188484192