Impulsan unha ruta e unhas xornadas micolóxicas en Navia

A programación inclúe un total de 16 propostas que buscan promover un lecer saudable
setas-cogomelos-micoloxia
6 Out 2024

A Deputación de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para as actividades gratuítas de lecer e educación ambiental que se desenvolverán durante o último trimestre de 2024 nas Reservas dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. A programación inclúe unha variedade de propostas que buscan promover un lecer saudable e fomentar a educación ambiental entre a veciñanza. As actividades están dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas e ofrecen máis de 290 prazas.

As actividades comezan o 19 de outubro coa ruta Navia en Outono II, cun percorrido pola Ponte Vella da Proba de Navia de 11.00 a 17.00 horas e con 25 prazas dispoñibles. A programación inclúe tamén Xornadas Micolóxicas na Escola de Barcia o 17 de novembro, con 15 prazas cada unha. As persoas interesadas en participar nas actividades deben inscribirse nos teléfonos ou correos electrónicos facilitados pola Deputación de Lugo, dispoñibles tamén a través da súa web. Con esta programación, a Deputación busca promover hábitos saudables e fomentar o coñecemento e respecto polo medio ambiente nas zonas naturais da provincia.

0.14496397972107