Organizan unha xornada de exhibición de unidades da Garda Civil

LugoXa
Será este martes, de 11.00 a 13.00 hora na Comandancia
garda-cividl-vehiculos
Garda Civil
10 Xuño 2024

No marco do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas levarase a cabo unha xornada de exhibición de unidades da Garda Civil, vehículos e material policial pertencentes a unidades de Lugo e resto de Galicia.

Asistirán ao redor de 400 alumnos de diferentes colexios da capital lucense e provincia.

Estará presente o artista urbano Diego As, autor do mural existente nun dos edificios desta Comandancia.

Esta será este martes, 11 de xuño, de 11.00 a 13.00. horas na comandancia da Garda Civil.

0.14533805847168