Os 5 Ríos organiza un mercado de Nadal no Corgo
Os veciños do Corgo teñen unha cita o vindeiro sábado 16 de decembro. A Asociación Os 5 Ríos organiza no pavillón un mercado de Nadal con degustacións gratuítas e postos de artesanía e alimentación a partir das 10.00 horas.
Con esta proposta o colectivo pecha o 2023, para regresar no mes de marzo con mercados mensuais. Ademais dos postos, a gastronomía estará moi presente na cita, pois os asistentes poderán gozar de degustacións gratuítas de empanada galega. Tamén haberá un posto de polbo e inchables gratis para os máis pequenos de 11.00 a 16.00 horas.
A música virá da man do dúo Estrellas, que será o encargado de amenizar a sesión vermú e a sesión de tarde. O domingo a asociación levará a cabo unha asemblea xeral, dirixida aos socios, na que se sorteará unha cesta.