Os alfocenses de Mor preparan mañá un magosto
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Oct 2019
A asociación veciñal de Mor, en Alfoz, invita a participar dun magosto que se celebrará mañá 16 de novembro, ás 21.30 horas, no pavillón da localidade.
O colectivo prepara unha cea a base de empanada de atún, pastelón de xamón iorque e queixo, ademais de chourizo, pan e castañas.
Os nenos de ata 12 anos poden participar e comer gratis, ao igual que os socios do colectivo, mentres que os acompañantes aboarán tres euros e non asociados, cinco.
As reservas para asistir pódense comunicar directamente aos membros da directiva ata o 12 de novembro, como data límite para apuntarse á cita.