Os Bolechas levarán o espectáculo "Aquí hai moito ruído" a Palas de Rei o 6 de decembro

LugoXa
A Casa da Cultura acollerá ás 18:00 horas esta proposta infantil, que combina diversión e participación para gozar en familia
os-bolechas-lambetadas-de-nadal
28 Nov 2026

Os populares personaxes dos Bolechas visitarán Palas de Rei o vindeiro domingo 6 de decembro co espectáculo "Aquí hai moito ruído". A representación terá lugar ás 18:00 horas na Casa da Cultura e está dirixida especialmente ao público infantil, cunha proposta pensada para compartir unha tarde de entretemento en familia.

A función ofrecerá aos máis pequenos unha actividade participativa na que non faltarán o humor e a diversión. Creados por Pepe Carreiro, Os Bolechas convertéronse nun referente da literatura e do entretemento infantil en Galicia, acompañando con historias e aprendizaxes a varias xeracións.

A iniciativa conta co apoio do programa Falaredes, impulsado pola Xunta de Galicia para fomentar o uso da lingua galega a través de actividades culturais e de lecer, especialmente entre a infancia e a mocidade.

0.16023182868958