Os bombeiros do Consorcio e o sector do metal saen á rúa en senllas protestas

LugoXa
Traballadores do sector do metal da provincia de Lugo e bombeiros dos consorcios protagonizaron senllas manifestacións en Lugo.
bombeiros consorcio lugo manifestacion2
bombeiros consorcio lugo manifestacion2
23 may 2023

Traballadores do sector do metal da provincia de Lugo protagonizaron unha nova manifestación polo polígono da Campiña na segunda xornada de folga para reclamar un convenio "digno". Malia que a principal zona de reunión foi esta tamén estivero nos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras.

Unha vez fronte ás portas da sede da patronal, un portavoz dos traballadores denunciou que esta "está escondida" e acusoulle de "non dar a cara", tras semanas de negociacións erradas para renovar o convenio.

Entre outros cánticos, os manifestantes corearon consignas como "se sobe o IPC os salarios tamén", en alusión ao momento polo que están bloqueadas as negociacións.

De non haber avances, haberá de novo paros este xoves 25 de maio, o 31, o 2 de xuño e o 6, 7 e 8. Están chamados a secundar a folga uns 5.000 profesionais do ámbito siderometal e outros 2.000 do comercio do metal e os sindicatos falan dun amplo seguimento este martes, que sitúan no 90%.

Ademais, a maior parte das empresas dos sector quedou sen traballadores e mesmo pechou as portas para evitar problemas cos manifestantes. Esta manifestación está organizada polos tres sindicatos maioritarios.

BOMBEIROS

Máis conflictiva foi a concentración e protesta dos bombeiros de consorcios provinciais, que se iniciou ás 11.00 horas coa presenza de 300 e 400 bombeiros e que tivo o seu momento máis delicado cando os antidisturbios da Policía cargaron contra eles cando pretendía colocar un cartaz ante a sede da Xunta.

Despois de producirse a carga, representantes dos manifestantes negociaron cos axentes para que catro deles poidan pasar e colocar a pancarta co lema Condicións dignas para bombeiros xa.

Na mobilización puidéronse ler pancartas en contra dos presidentes das deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González Formoso e José Tomé, e realizáronse cánticos para pedir a dimisión do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.

Os bombeiros de consorcios provinciais maniféstanse en Lugo en defensa de melloras laborais e de dotación de medios dos servizos. Tras o seu paso pola sede da Xunta, continuaron o percorrido pola Rolda da Muralla para manifestarse ante a sede da Deputación de Lugo, onde puideron colocar a súa pancarta sen problemas. Ao longo do percorrido lanzáronse decenas de petardos.

O comité de empresa do Consorcio en Lugo, Álvaro Negreira (UXT), explica que se viviron momentos "cun pouco de tensión" ao realizar os axentes un cordón que impedía pasar aos manifestantes á praza ante a Delegación da Xunta en Lugo.

O colectivo censura a "pasividade por parte das administracións" ante as súas condicións laborais. Afirman que nesta protesta participaron profesionais chegados de diferentes puntos de Galicia para denunciar a súa situación de precariedade laboral "porque practicamente todos os consorcios están igual, xestionados pola Xunta e as deputacións".

Por todo iso, os bombeiros de consorcios provinciais demandan "condicións dignas como teñen os bombeiros municipais".