Os Cantos de Taberna encherán de música tradicional A Candeloria 2025

LugoXa
As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 28 de marzo
Cantos-de-Taberna-A-Candeloria
4 Mar 2025

Lugo prepárase para recibir unha nova edición de A Candeloria, o festival que mantén viva a tradición musical galega. Entre as súas actividades destacadas, o sábado 5 de abril ao mediodía terá lugar o evento Cantos de Taberna, onde grupos de músicos percorrerán distintos puntos da cidade interpretando cancións tradicionais.

A convocatoria está aberta para nove agrupacións de entre tres e dez integrantes, que serán seleccionadas por orde de inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 28 de marzo enviando un correo a cantostabernacandeloria@gmail.com.

Os participantes deberán presentarse na calzada da Ponte Romana durante a mañá para a recepción dos grupos. Permitirase o uso de instrumentos musicais, aínda que todas as pezas interpretadas deberán ser cantadas.

Ademais, cada grupo terá un itinerario establecido pola organización e contará cun acompañante do equipo organizador.

A Candeloria 2025 celebrarase os días 4 e 5 de abril no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e promete, como cada ano, unha experiencia chea de música, tradición e paixón pola cultura galega.

⚙ Configurar cookies
0.1913788318634