Os Cantos de Taberna volven a Baralla

LugoXa
Baralla volverá desfrutar cos Cantos de Taberna o vindeiro sábado 4 de marzo nunha xornada chea de música e diversión
Baralla Cantos de taberna portada
Baralla Cantos de taberna portada
2 mar 2023

O vindeiro 4 de marzo Baralla celebra a terceira edición do Cantos de Taberna a partir das 19.30.

A música encherá as rúas ao ritmo de gaitas e pandeiretas de diferentes grupos da provincia entre os que se atopan: Abrente das Nogais, Agustiños de Lugo, Os do 13 de Vilalba, Toxo Queimado do Cádavo, Val de Láncara de Láncara, Os Xardois e Gaioleiros de Cervantes, Os corenta e cinco da Pobra de Brollón e Airiños do Neira de Baralla.

Colaboran diferentes bares da localidade e ao rematar haberá pinchos para os grupos participantes e foliada na praza da vila.

Baralla Cantos de taberna