Os Cinco Ríos continúa a apostar polo mercado do Corgo

LugoXa
Unha vez máis farán un sorteo sorpresa entre todos os asistentes repartindo rifas de balde
Feira corgo segunda man
1 Out 2024

A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, continúa a organizar o mercado e rastro de cousas usadas do municipio. A vindeira cita terá lugar o domingo 6 de outubro ao lado da Cámara Agraria e unha vez máis farán un sorteo sorpresa entre todos os asistentes repartindo rifas de balde.

O programa comezará ás 10.00 horas coa apertura do mercado. Haberá postos de vendedores ambulantes e tamén de polbo para poder quedar a comer no lugar. Ademais, calquera particular tamén poderá vender no mercado. As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse nos teléfonos 636 584 282  e no 686 65 657.

mercadillo o corgo outubro 2024
0.14129304885864