Os Cinco Ríos do Corgo organiza un mercadiño 'Especial Día da Nai' o 4 de maio

LugoXa
Como detalle especial, todas as nais que se acheguen ao mercado recibirán unha planta de agasallo, a partir das 12:30 horas
Mercadillo-O-Corgo
20 Apr 2025

A asociación Os Cinco Ríos do Corgo organiza un novo mercadiño 'Especial Día da Nai' o vindeiro domingo, 4 de maio, xunto á Cámara Agraria, cunha xornada festiva pensada para gozar en familia e homenaxear a todas as nais.

O evento contará cunha sesión vermú a partir das 12:30 horas e continuará pola tarde cun tardeo amenizado polo Dúo Belinda desde as 16:30 horas, ofrecendo música en directo para acompañar a celebración.

Como detalle especial, todas as nais que se acheguen ao mercado recibirán unha planta de agasallo, a partir das 12:30 horas. Ademais, organizarase un sorteo entre os artesáns e os demais postos participantes, sumando así máis emoción á xornada.

O mercado tamén contará coa presenza de polbeiras, que permitirán aos asistentes desfrutar dunha comida tradicional nun ambiente festivo e de encontro.

Desde a organización animan a veciñanza e visitantes a achegarse e celebrar unha data tan especial apoiando ao comercio local e desfrutando dunha xornada única.

⚙ Configurar cookies
0.17561793327332