Os Cinco Ríos do Corgo organiza unha Asemblea Xeral o 9 de novembro para renovar a Xunta Directiva

A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo convoca a súa próxima Asemblea Xeral o domingo 9 de novembro no Centro Sociocultural de O Corgo, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda. O encontro servirá, entre outros asuntos, para a renovación da Xunta Directiva.
O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto ata o 2 de novembro e deben enviarse ao correo oscincoriosocorgo@gmail.com.
Ademais, a asociación anima a socios e veciños a participar deixando a súa opinión a través dunha enquisa rápida. Pregúntanse sobre a valoración do traballo realizado, a continuidade da asociación cunha nova Xunta Directiva e a disposición para colaborar activamente, xa sexa formando parte da Xunta ou axudando nalgunha actividade.
Con esta iniciativa, Os Cinco Ríos do Corgo busca coñecer a percepción da comunidade antes de tomar decisións importantes sobre a continuidade e a organización da asociación.