Os Cinco Ríos do Corgo organiza unha charla sobre ciberseguridade con Cruz Vermella

LugoXa
A sesión celebrarase o 20 de novembro, ás 19:00 horas, na antiga escola do Corgo e abordará cuestións como as estafas en internet, a seguridade bancaria e as compras en liña
uso-mobiles-smartphone-maiores-roupar-portada
18 Nov 2026

A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo organiza o vindeiro 20 de novembro unha charla sobre ciberseguridade impartida por Cruz Vermella, que terá lugar ás 19:00 horas na antiga escola do Corgo.

A sesión ofrecerá pautas para identificar e previr riscos na internet, con especial atención á detección de posibles estafas e á protección da seguridade bancaria. Tamén se abordarán cuestións relacionadas coas compras en liña e co uso seguro dos dispositivos electrónicos.

A iniciativa busca achegar ferramentas e coñecementos prácticos para que os participantes poidan navegar pola rede con maior seguridade e confianza.

0.16535997390747