Os Contos non Nadal, de Ángeles Goás, chegan á Fonsagrada

LugoXa
O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nota tempada, fará a súa parada este venres na Fonsagrada
Taller Teatro O Incio
19 Dec 2023

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal.

Dentro de Nadal en Rede, programarase en colaboración co Concello da Fonsagrada, a actividade para público familiar 'Contos non Nadal', no que a contadora Ángeles Goás visita A Fonsagrada para ofrecer a oportunidade de mergullarse en historias de chemineas, nevadas, agasallos, segredos... e de deixar que a maxia e a emoción destas festas invernais impregnen os nosos sentidos.

Esta actividade será o xoves, 28 de decembro, ás 18.00 horas no salón de actos dos Chaos e con entrada gratuíta.

0.19287896156311