Os Djs Manu Chady e DMirón impartirán un curso intensivo de Dj

LugoXa
A concellería de Xuventude contará cos Djs Manu Chady e Mirón para impartir un curso de DJ con 12 prazas dispoñibles
Curso intensivo DJ portada
Curso intensivo DJ portada
23 Mar 2023

Continúan as as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade, levando a cabo un curso intensivo de DJ cos Djs Manu Chady e Mirón para lucenses a partir dos 14 anos.

Con estes cursos búscase dar resposta aos diferentes intereses dos lucenses e concretamente aos relacionados coa música.

A actividade ten unha duración de  24 horas prácticas e conta cun total de 12 prazas dispoñibles.

Os interesados deberán inscribirse antes do 10 de abril  ás 14.00h na web www.lugomasxti.org e serán admitidos por rigorosa orde de chegada.

A actividade levarase a cabo na Casa da Música todos os sábados e domingos - dende o 15 ao 30 de abril - en horario de tarde de 16.00h a 20.00h.

Curso intensivo DJ
0.18510007858276