Os e as comerciantes destacan o bo ambiente da Feira de Oportunidades de Monterroso

LugoXa
O equipo de Goberno, co alcalde á cabeza, Eloy Pérez, fixo unha visita por algúns dos comercios participantes
Feira-de-Oportunidades-Monterroso
10 Ago 2024

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila, celebrou unha nova Feira de Oportunidades, na que os e as comerciantes destacan o bo ambiente que houbo na vila ao longo dos dous días e alta demanda rexistrada.

O equipo de Goberno, co alcalde á cabeza, Eloy Pérez, fixo unha visita por algúns dos comercios participantes, un total de 13. E
o espectáculo de Lilicleta Disco Móbil percorreu as rúas durante a mañá para acompañar as compras.

O luns levarase a cabo un sorteo de 480 euros en vales de compra entre os establecementos participantes para canxear neses mesmos comercios.

0.091104030609131