Os equipos femininos do FSF Castro e Grupos Forma-T Vilalba disputarán as semifinais da Copa Galicia Sénior

LugoXa | TerraChaXa
Ámbolos dous clasificados resolveron os dous encontros con claridade e aseguraron así a súa presenza na seguinte rolda
equipo-feminino-fsf-castro
22 Oct 2026

O fútbol sala lucense estará representado por dous equipos nas semifinais da Copa Galicia Sénior feminina, despois de que o Vilalba FS e o FSF Castro conseguisen a clasificación nas eliminatorias disputadas entre onte e este mércores. O Burela FS B, pola súa banda, non puido superar a súa eliminatoria e quedou fóra da competición.

O Grupo Forma-T Vilalba FS logrou o pase cunha vitoria contundente por 4-0 ante o Burela FS B no pavillón municipal de deportes de Vilalba. O equipo vilalbés resolveu o encontro con claridade e asegurou a súa presenza na seguinte rolda.

Tamén estará nas semifinais o FSF Castro, que conseguiu superar a súa correspondente eliminatoria contra o Marín (2-4) e acompañará o Vilalba FS na loita por un posto na final. Deste xeito, dous conxuntos da provincia de Lugo continúan vivos nunha competición que afronta xa a súa fase decisiva.

As semifinais da Copa Galicia Sénior feminina de fútbol sala disputaranse o próximo 11 de novembro e nelas tamén participarán o Estrela Futsal, que gañou nos penaltis ao Cidade de Ourense, e o Poio, que se impuxo ao Bembrive por 0-3.

Na masculina os cuartos terán lugar no mes de decembro e nesta fase estarán outros tres equipos da provincia, o Lugo Sala, que se enfrontará ao Burela, e o Xove, que terá como adversario ao Leis Pontevedra.

0.1603639125824