Os estudantes de Lugo protestan pola falta de espazo nas bibliotecas públicas

LugoXa
A limitación de aforo nas dúas bibliotecas principais de Lugo, a Nodal e Intercentros, provocou colas e queixas por parte de moita xente.
biblioteca nodal lugo xunta
20 Maio 2021

A limitación de aforo en sitios pechados vai máis alá dos bares e, dende que voltamos á recuperación da normalidade, houbo un colectivo que o notou en gran medida: os estudantes. A limitación de aforo nas dúas bibliotecas principais de Lugo, a Nodal e Intercentros, está provocando colas e queixas por parte de moita xente.

A Nodal ten cola dende as 8:30 horas da mañá, cando a súa apertura está fixada para as 9 horas. Así mesmo, son moi poucos os estudantes que poden acceder xa que só se permite unha persoa por mesa cando antes entraban catro.

Por outro lado, Intercentros ten máis capacidade que a anteriormente mencionada, sen embargo, tamén conta con máis limitacións. Nun primeiro momento, só podían entrar estudantes da USC -exceptuando persoas dalgunha facultade por dispor de biblioteca propia- e, actualmente, acceden os estudantes universitarios xunto con aqueles que conten cun título universitario.

Desta forma, os opositores, que son un grupo numeroso de xente que acude practicamente todo o ano, e, en menor medida, os estudantes de bacharelato que preparan exames finais ou selectividade, son os maiores perxudicados nesta situación. Por esta razón están a espera de que se diminúan as limitacións ou se tome algunha medida efectiva.

0.18913197517395