Os estudantes viveirenses poderán ampliar a caducidade do bonobús

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos estudantes usuarios da tarxeta bonificada de transporte (bonobús) que tras conversas coa empresa Arriva poderán ampliar a caducidade das meses ou solicitar un reembolso polas viaxes non desfrutadas desde mediados de marzo.
5 Maio 2020

O Concello de Viveiro informa aos estudantes usuarios da tarxeta bonificada de transporte (bonobús) que tras conversas coa empresa Arriva poderán ampliar a caducidade das meses ou solicitar un reembolso polas viaxes non desfrutadas desde mediados de marzo.

En concreto, a empresa comunicoulle ao Concello que cando as taquillas das distintas estacións volvan a funcionar, aqueles mozos e mozas que teñan as súas tarxetas de transporte cargadas con viaxes non desfrutadas a raíz da situción provocada polo COVID-19, poderán solicitar a ampliación da caducidade das mesmas ata o vindeiro curso ou o reembolso pertinente.

O Concello de Viveiro vén prestando este servizo de bonobús en colaboración con Arriva para ofrecer un servizo de transporte máis eficiente e de menor custo para os veciños e veciñas deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro.

Con respecto aos prezos que Arriva establece para cada viaxe en función do número de bonos que se adquiran, o concello subvenciona a cada usuario deste servizo a metade do importe correspondente a cada viaxe.

Neste  curso 2019/2020, 32 mozos e mozas empregan este servizo subvencionado ao 50% polo Concello de Viveiro para facilitar o desprazamento ás cidades de Lugo, A Coruña e Santiago.

0.17215299606323