Os gandeiros volven tomar a cidade cos seus tractores

LugoXa
Gandeiros de carne da provincia de Lugo volveron colapsar a circulación  na cidade de Lugo logo dunha manifestación.
tractorada lugo gandeiros1
11 May 2023

Gandeiros de carne da provincia de Lugo volveron colapsar a circulación  na cidade de Lugo logo dunha manifestación convocada por Gandeiros Galegos da Suprema, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e os baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe.

Aínda que a manifestación estaba prevista para as 12.30, un grupo de tractores irrumpiron na Ronda da Muralla e arterias principais como San Roque, Ramón Ferreiro ou avenida da Coruña durante a mañá formando retencións en distintas zonas, mentres.

Gandeiros Galegos da Suprema defínese como un colectivo de gandeiros cárnicos na provincia de Lugo que produce e vende “carne de calidade”, para o que esixe “un prezo xusto” para poder “vivir dignamente”. Esta convocatoria busca dicir non aos “excesivos prezos” nos custos de produción e exponse ante a “problemática da convivencia” co lobo e a fauna silvestre.

Os gandeiros fixeron soar pitos e bucinas, petardos e nas súas pancartas reclamaron un prezo xusto para a carne.

XUNTA

Xunta comezou a aboar preto de 14 millóns de euros a máis de 7.300 gandeiros de vacún de carne para paliar as consecuencias no sector da invasión rusa de Ucraína. Estas achegas súmanse aos 12,6 millóns que vén de ingresar este sector nas últimas semanas, no marco das axudas agroambientais e de ecolóxico da campaña do ano pasado da Política Agraria Común (PAC).

Así mesmo, o conselleiro do Medio Rural, José González, vén de remitirlle unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, solicitándolle unha reunión urxente para tratar unha batería de propostas en defensa do vacún de carne, tal e como avanzara na última Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural. Na misiva, o titular de Medio Rural transmite que cómpren solucións para a situación que está a vivir este eido fundamental do sector primario, dado que os prezos pagados aos gandeiros de vacún de carne non chegan -sinala- para cubrir o incremento dos custos de produción rexistrado nos últimos dous anos.

Nesa liña, pon sobre a mesa medidas como analizar a posibilidade de modificación do primeiro piar da PAC, para igualar o apoio ás vacas nutrices do vacún de carne co apoio que ten actualmente o vacún de leite, e a flexibilización dos requisitos da nova campaña destas achegas, incluídos os ecorreximes e o caderno dixital.

CIUDADANOS

A candidata de CS a la alcaldía, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo uníronse esta mañá á manifestación organizada polos gandeiros cárnicos de Lugo, que solicitan un prezo xusto para a carne, que cubra os custos de produción. Outras das reivindicacións do colectivo son os problemas que teñen para acceder as novas axudas da PAC, especialmente os gandeiros cárnicos en extensivo, e a inacción das administracións implicadas.

"Meu marido é gandeiro do cárnico, polo que coñezo perfectamente as condicións dun colectivo enormemente maltratado, como é o dos gandeiros. Por iso esta mañá, coma sempre, me unín as protestas dos produtores de Suprema", explica a alcaldable.

"O sector primario é vital para noso municipio e para a nosa provincia, é un enorme xerador de emprego e de infraestrutura, conseguindo ademais que a xente non deixe o rural e que as persoas novas teñan traballo. Non hai que esquecerse que Lugo está formado por 54 parroquias e os gandeiros deben ser un motor económico esencial para a nosa cidade. Son un servizo completamente vital para a nosa poboación, por iso é non é compresible o maltrato que sofren, tendo que vender por debaixo dos custes de produción, pero a Xunta de Galicia está provocando esta situación", afirma Louzao.

ACRUGA

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, quere mostrar o seu apoio aos gandeiros que se  manifestarán este xoves 11 de maio en Lugo en sinal de protesta polos baixos prezos da carne  a escalada dos costes de produción, a nova PAC e e politica levada a cabo co tema do lobo.

Dende Acruga levamos anos demandando das distintas adminsitracións unha resposta común a unha situación cada vez máis complicada. Os baixos prezos da carne e o incremento dos costes de produción ante a subida dos prezos dos pensos, combustibles, electricidade, etc, complican cada vez máis a supervivencia das nosas explotacións.

Por iso, desde Acruga queremos mostrar o noso apoio a esta concentración e reclamar que dunha vez por todas as administracións fixen de xeito conxunto unha folla de ruta coa que reverter a difícil situación que atravesa un dos sectores estratéxicos da nosa economía.

0.16750001907349