Os maiores de Alfoz desfrutarán do Festival da Terceira Idade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Out 2019

O domingo 27 de outubro é a data elixida para celebrar o XXVIII Festival da Terceira Idade que organiza o Concello de Alfoz un ano máis. Consistirá nunha misa ás 12.30 horas, na Igrexa de San Pedro de Mor e a continuación unha comida na Finca Galea que rematará con baile.

É gratuita para ás  persoas maiores de 65 anos ou pensionistas, e as súas parellas, empadronados en Alfoz.

Tamén poden asistir ao evento os interesados/as que non cumpran estes requisitos abonando o custe da comida que son 32 euros.

Para asistir é preciso anotarse nas Oficinas do Concello antes do 21 de outubro.

Aparte, o 1 de outubro comeza un novo curso do Programa Activamente, dirixido ás persoas maiores de 55 anos que remata a finais de xuño e para que se pode anotar tamén ao longo deste mes de inicio das clases. Reúnense todos os mércores no Centro Sociocultural de 10.30 a 12.00 horas para realizar distintas dinámicas de estimulación cognitiva. Ten unha grande acollida, rondando os 30 participantes que xeralmente repiten todos os anos, o que demostra a valoración positiva que fan desta iniciativa.
0.17968797683716