Os maiores de Friol gozan dunha excursión a Ribadeo e Viveiro organizada polo Concello

LugoXa | TerraChaXa
Os participantes percorreron distintos recunchos de ambas vilas e desfrutaron dun día de lecer no que as conversas, os paseos e o bo ambiente foron os grandes protagonistas
visita-viveiro-e-ribadeo-friol
11 Sep 2026

Os veciños e veciñas maiores de Friol participaron nunha excursión organizada polo Concello que os levou a visitar as localidades costeiras de Ribadeo e Viveiro, nunha xornada marcada pola convivencia, as paisaxes e o tempo compartido.

Durante a viaxe, os participantes percorreron distintos recunchos de ambas vilas e desfrutaron dun día de lecer no que as conversas, os paseos e o bo ambiente foron os grandes protagonistas. A actividade enmárcase nas iniciativas municipais destinadas a fomentar o envellecemento activo e a participación social dos maiores.

A xornada contou ademais cun momento especialmente emotivo coa celebración do aniversario de Mari Paz, que recibiu a felicitación dos seus amigos, compañeiros e do alcalde, nun ambiente festivo e cheo de afecto.

Desde o Concello destacouse a importancia de seguir promovendo este tipo de actividades, recoñecendo o papel fundamental que os maiores desempeñan na vida da comunidade como parte da memoria, da experiencia e tamén do presente de Friol.

O goberno local agradeceu a participación de todos os asistentes e expresou a súa vontade de continuar organizando novas excursións e encontros que reforcen os lazos entre os veciños e veciñas e favorezan espazos de convivencia e desfrute compartido.

0.14581489562988