Os museos da provincia proxectan o documental sobre o afundimento do Prestige

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A Vicepresidencia da Deputación proxecta un documental sobre o 20 aniversario do afundimento do Prestige nos catro museos da Rede Provincial
CARTEL ALEGRia documental pretige portada
18 Nov 2022

A Rede Museística Provincial acollerá o sábado e o domingo proxeccións do documental Alegría, sobre o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do Prestige.

O audiovisual, dirixido por Luis Otero e Rocío Romero e producido por Ecoloxistas en Acción Galiza,  sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra o traballo das persoas voluntarias que se enfrontaron ao chapapote e a mobilización da sociedade galega arredor da plataforma Nunca máis. Advirte tamén da necesidade de mellorar os medios operativos e a vixilancia sobre os buques que se achegan ao litoral galego. Os pases serán con entrada libre e gratuíta, ata completar aforo.

Con estas proxeccións, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase ás actividades programadas  nos últimos días en toda Galiza para rememorar unha data que puxo en evidencia a fraxilidade do litoral galego  e xenerou un movemento cívico sen precedentes.

Proxeccións

  • Museo de Lugo. Sábado, 19 de novembro I 17:00 horas
  • Museo do Mar de San Cibrao (Cervo). Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas
  • Museo de San Paio de Narla  (Friol). Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas
  • Museo Pazo de Tor (Monforte). Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas
CARTEL ALEGRia documental pretige

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10456299781799