Os museos da Rede Museística de Lugo posiciónanse como "receita" como parte dos coidados en saúde

LugoXa
A proposta, presentada nas xornadas sobre dereitos culturais, destaca o papel terapéutico da cultura e dos espazos museísticos
Xornadas-Dereitos-Culturais-en-Acción-Museo-Lugo
5 Dec 2025

O Club de Mulleres de Ioga e Arte da Rede Museística Provincial de Lugo presentou, xunto a Iria Castro, Aurelia Aurita e Encarna Lago González, coordinadora da nova proposta da Rede, a idea de que os museos sexan “receitados” nos centros sanitarios como complemento aos coidados en saúde.

A iniciativa nace da experiencia directa de considerar os museos como espazos de calma, aprendizaxe, socialización, autoestima e saúde emocional, recoñecendo o seu valor terapéutico.

A proposta foi compartida durante as Xornadas “Dereitos Culturais en Acción: Arte, museo, saúde e benestar”, celebradas no Museo Provincial de Lugo, que contaron cunha elevada afluencia e participación cidadá.

O programa incluiu un faladoiro titulado Coñecer, coidar, compartir: os museos como espazos para o benestar, a cargo de Leonardo Casado; unha Mesa de diálogo coa participación activa da sociedade civil; un relatorio sobre a importancia dos autocoidados na saúde mental, impartido por Patricia Vázquez Carballal (FEAFES Galicia); e a representación escénica de Subterránea, a peza de Mónica Sueiro.

⚙ Configurar cookies
0.077083110809326