Os organizadores das Festas das Gándaras confirman datas e parte do programa

LugoXa
A segunda Xuntanza de Tunas de As Gándaras celebrarase os días 21 e 22 de marzo
Festas-de-As-Gándaras-2023
Organizadores e cartel das Festas das Gándaras en 2023
2 Feb 2025

As Festas de As Gándaras 2025, en honra a San Xosé, celebraranse do 14 ao 19 de marzo, cunha programación chea de música, tradición e diversión para todos os públicos.

Todo comezará o venres, 14 de marzo, co tradicional chupinazo ás 21.00 horas, seguido da primeira gran verbena coas orquestras Origen e Olympus.

Pola súa banda, o sábado, 15 de marzo, ás 14.00 horas, haberá sesión vermú co dúo Epok e, pola noite, verbena a cargo das orquestras Los Satélites e Kubo.

Xa o domingo, 16 de marzo, arrancará cun pasarrúas ás 10:00 horas, seguido da misa solemne e o pregón a cargo de Eduardo Iglesias Ramiro. A partir das 14.30, haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que continuará ata as 21.00 horas coa súa Sesión Vermú Non Stop. Para os máis pequenos, haberá festa infantil con Total Sport ás 17.00 horas. A xornada pecharase coa verbena a cargo do grupo Ritmo.

O luns, 17 de marzo, abriranse os carruseis ás 17.00 horas e ás 18.00 horas os maiores gozarán da actuación de Ayxa Romay na residencia.

En canto ao martes, 18 de marzo, será unha xornada especial para os nenos, con actividades infantís ás 18.00 horas e o espectáculo do Mago Rafa ás 19.00 horas. A noite rematará coa verbena do dúo Dilema.

Finalmente, o mércores, 19 de marzo, será o día grande das festas, que comezará cun pasarrúas ás 10.00 horas, seguido da misa do patrón ás 13.00. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú con La Bamba, que tamén porá a música na gran churrascada veciñal e na verbena nocturna.

Ademais, a segunda Xuntanza de Tunas de As Gándaras celebrarase os días 21 e 22 de marzo.

0.16997885704041