Os organizadores do Caudal Fest presentan o cartel por días do festival

O Caudal Fest 2025 xa deu a coñecer a distribución por días do seu cartel artístico, consolidando a súa próxima edición como unha das citas musicais máis destacadas do calendario galego. O festival celebrarase os días 19 e 20 de setembro na cidade de Lugo, que volverá converterse nun punto de referencia para as persoas amantes da música en directo.
Entre os nomes confirmados previamente atópanse figuras destacadas do panorama estatal como Melendi, Carolina Durante, Love of Lesbian, Dani Fernández e Duncan Dhu. A estes súmanse agora novos artistas que reforzan a variedade e calidade do cartel deste ano.
Entre as novas incorporacións destacan a cantante de pop alternativo Zahara, a cantautora Vega, a nova promesa Yarea e o proxecto musical Lisdexia, que aposta por unha proposta innovadora e rompedora. O talento galego tamén estará representado polo artista Kike Varela e a banda Músculo!, achegando identidade local ao evento.
A organización anunciou que as entradas por día estarán dispoñibles a partir do vindeiro 29 de abril ás 13:00 horas, a través da páxina web oficial do festival.
Con unha programación diversa e unha combinación de artistas consolidados e emerxentes, o Caudal Fest reafírmase como un dos festivais de referencia en Galicia, atraendo cada ano milleiros de asistentes tanto do interior como de fóra da comunidade autónoma.
TODOS OS ARTISTAS E CARTEL POR DÍAS
Presentación do evento
A sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo acolleu a presentación do evento, que contou con Miguel Fernández, alcalde de Lugo; Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia, da Xunta e Esteban Girón, director de Comunicación de Bring The Noise, promotora de Caudal Fest.
"O Caudal Fest non só é unha celebración musical, senón tamén un motor de crecemento e dinamización para Lugo. Desde a súa primeira edición, logrou atraer a miles de visitantes tanto de Galicia como doutras rexións, o que se traduce nun impacto económico moi positivo para ou noso comercio, hostalería e servizos en xeral. Cada ano, o festival xera unha importante afluencia de visitantes que gozan da nosa cultura, gastronomía e hospitalidade, fortalecendo así a imaxe de Lugo como un destino cultural de referencia", afirmou o rexedor.
"Desde o punto de vista cultural, o Caudal Fest está a pór non mapa a numerosos artistas e bandas, fomentando a creatividade nón só a novel local e galego, senón tamén a nivel estatal. En resumo, unha cita sinalada que está a promover a diversidade musical e a consolidarse como o último festival do verán. É un espazo onde a cultura concibida para todos os gustos e todas as idades, onde a mocidade e as familias poidan gozar de propostas de calidade nunha contorna segura e amigable", concluíu o alcalde.
Pola súa banda, Xose Manuel Merelles declarou que “o Caudal Fest e os Concertos do Xacobeo achegan a Lugo unha oferta musical de primeiro nivel que posiciona á cidade non circuíto de grandes citas musicais de Galicia, cun público fiel que provén de diferentes recunchos de toda España. Para Turismo de Galicia é unha honra dar cobertura un ano máis a este evento multitudinario, unha das citas musicais máis grandes de Galicia, con valoracións sempre moi positivas para a contorna, como amosan as súas cifras, cunha ocupación hoteleiro do 100 % e máis de 40.000 asistentes en 2024”.