Os organizadores do Festival A Candeloria confirman novos artistas para o Pista Extra 2025

Os organizadores do Festival A Candeloria avanzaron a celebración do evento Pista Extra 2025, que terá lugar o próximo 29 de novembro.
Esta edición especial contará coa actuación de Evaristo Páramos xunto a músicos de La Polla Records, Gatillazo, The Kagas, Tropa do Carallo e The Meas, facendo a súa única parada en Galicia.
Segundo os responsables do festival, “para nós é unha auténtica honra contar con esta lenda do punk internacional nunha noite tan especial, cun espectáculo de 1 hora e 40 minutos de pura maxia”.
Ademais, tamén confirmaron a Manolo Kabezabolo, unha figura que para a organización é “toda unha honra telo en Lugo, na nosa casa, repasando cada un dos himnos que todas e todos os nacidos nos anos 80 e 90 temos tatuados na memoria”.
Xunto a el, estarán tamén Talco, Catalina Grande Piñón Pequeño e Faul, que encherán de música esta edición.
Este evento promete converterse nunha cita imprescindible para os amantes do punk e a música alternativa, reunindo sobre o escenario a algúns dos nomes máis icónicos do xénero nunha noite única en Galicia.