Os organizadores do festival Pista Extra veñen de confirmar os horarios do evento
O festival Pista Extra anuncia os horarios dos concertos programados para a primeira edición deste novo evento, organizado por A Candeloria.
A proposta está formada por grupos de rock, ska, rap ou punk a nivel nacional e internacional que se xuntarán o 30 de novembro no Pazo das Feiras e Congresos de Lugo.
Destacan no cartel aristas como El Drogas ou Non Servium. Ademais, Pista Extra será palco de despedidas, nesta ocasión a banda Def Con Dos, que elixe Galicia para dar o seu último concerto da xira 'Mutantes pal Pueblo', na que repasan as cancións máis emblemáticas dos máis de 30 anos de traxectoria da banda.
A nivel internacional, chegará á cidade Banda Bassotti, grupo italiano de ska punk, unha das grandes bandas do xénero no seu país. Completan o cartaz os galegos Familia Caamagno; os leoneses Catalina Grande Piñón Pequeño; o dúo valenciano Machete en Boca; a “brass band” feminina Brassica Rapa e o Dj Jordi Pánico.
"Unha aposta por extender a temporada de eventos e concertos, ofrecendo unha programación de gran calidade que atrae a público tanto de Galicia como do noroeste da península", din desde a organización.
Ademáis, o festival pon á disposición do público un servizo de bus lanzadeira desde ás 02:00 ata as 05:00 da noite, con paradas en varios puntos da cidade.
PROGRAMA
- 13.00 horas. Pasarrúas no Barrio da Ponte
- 17.45 horas. Machete en Boca
- 19.00 horas. Def con Dos
- 20.30 horas. Catalina Grande Piñón Pequeño
- 21.50 horas. El Drogas
- 23.35 horas. Non Servium
- 1.30 horas. Banda Bassoti
- 3.05 horas. Familia Caamagno