Os Palimoquiños interpretarán 'Borralliña' na sede da Uned en Lugo

LugoXa
O grupo de teatro Os Palimoquiños interpretará o vindeiro xoves, 2 de xuño, unha obra de teatro, dentro do programa do 50 aniversario da UNED
Palimoquinos UNED
29 Maio 2022

O grupo de teatro Os Palimoquiños interpretará o vindeiro xoves, 2 de xuño, a obra Borralliña. Farano no salón de actos da sede da UNED en Lugo, a partir das 20 horas.

Dirixida por Paloma Luxilde para festexar o Día das Letras Galegas, a obra é unha adaptación do conto La Cenicienta dos irmáns Grimm, pero en ton humorístico.

Esta actividade, que forma parte do programa do 50 aniversario da UNED, contará coa presenza do dramaturgo Xoan C. Laxe. Para asistir será necesario inscribirse na web da universidade.

0.11779808998108