Os policías lugueses rematan quintos no campionato de España de MTB

LugoXa
O pasado sábado, 23 de setembro, celebrouse nas Palmas de Gran Canaria o Campionato de España de MTB de Policía Locais, onde participou un equipo formado por 7 membros da Policía Local de Lugo.
imaxes policias mtb
26 sep 2023

O pasado sábado, 23 de setembro, celebrouse nas Palmas de Gran Canaria o Campionato de España de MTB de Policía Locais, onde participou un equipo formado por 7 membros da Policía Local de Lugo.

A proba disputouse na zona dos Giles onde os participantes deron 3 voltas a un circuíto de gran dureza e dificultade técnica para completar 46km.

Por equipos a Policía Local de Lugo quedou en 5° posición dun total de 72 concellos, sendo un dos equipos con maior número de compoñentes.

Como postos destacados cabe mencionar a medalla de prata conseguida no grupo de idade de 30-34 anos e as 2 medallas de bronce en 35-39 e 50-54 anos.

A próxima edición celebrarase en setembro de 2024, no Concello de Jerez de la Frontera.

0.20972394943237