Os populares defenderán no pleno unha iniciativa sobre os servizos básicos da zona rural de Lugo

LugoXa
“Quixemos dar un salto cualitativo e, por iso, presentamos esta iniciativa para facer máis con menos”, defenden
Esperante-e-Calde-PP-Lugo
27 Out 2024

Os populares defenderán no pleno do vindeiro xoves unha iniciativa sobre os servizos básicos da zona rural de Lugo, co fin de ampliar e mellorar o convenio de 2022 de saneamento en Esperante e incluír o servizo de abastecemento.

No ano 2022, lembran, asinouse un convenio entre a Xunta e o Concello de Lugo para dotar de abastecemento á parroquia de Esperante. "Consideramos que é o momento de dar un paso máis, incluíndo o servizo de abastecemento, por iso recuperamos este proxecto co obxecto de que se impulse e que se mellore esta intervención e así o trasladaremos ao pleno nunha iniciativa que busca incluír o abastecemento nunha intervención que, inicialmente, estaba destinada, unicamente, ao saneamento”, explican.

“Quixemos dar un salto cualitativo e, por iso, presentamos esta iniciativa para facer máis con menos”, en alusión a que ao executar ambas intervencións en conxunto se reducen os custos, se optimizan os recursos e se reducen as molestias aos veciños.

Os populares lembran que a competencia en materia de abastecemento/saneamento de augas corresponde aos concellos, "pero que a incapacidade de PSOE e BNG para xestionar a capital da provincia impide ata que boa parte do territorio da cidade dispoña destes servizos básicos, ao que se xunta o desmantelamento da brigada de augas e a deficiente solución das avarías".

 

0.20153594017029