Os reis magos percorrerán todas as parroquias de Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Ao longo do día 5 de xaneiro, os reis magos percorrerán todas as parroquias de Mondoñedo, escoltados polo vehículo de Protección Civil.
93970394_2888808937834926_2251012589129564160_n
3 Jan 2020

Ao longo do día 5 de xaneiro, os reis magos percorrerán todas as parroquias de Mondoñedo, escoltados polo vehículo de Protección Civil.

Comezarán ás 9 horas ata ás 15 horas e xa pola tarde, visitarán o Hospital de San Pablo e a Residencia da Terceira Idade San Rafael.

Ás 18.30 horas, partirá a comitiva das súas Maxestades de Oriente xunto aos seus séquitos dende a Alameda dos Remedios para percorrer as rúas do casco histórico.

A partir das 19.30 horas, no auditorio municipal, recepción dos Reis Magos a todos os nenos que se acheguen.

Como novidade, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza unha chocolatada na Praza do Concello, a partir das 20.30 horas.

0.16169595718384