Os Reis Magos visitarán o Concello de Castroverde o día 5 de xaneiro
O Concello de Castroverde ultima os preparativos da súa Cabalgata de Reis que terá lugar o día 5 de xaneiro para todos os nenos e nenas do Concello.
A cita comezará ás 16.00 horas cando as Maxestades de Oriente realizarán un percorrido en carroxa dende a rúa da feira ata a pista cuberta do colexio. Alí terá lugar o concerto de panxoliñas a cargo da Asociación Musical Zuncurrundullo.
Ás 17.00 horas procederase ao reparto de agasallos e a degustación de chocolate con roscón de reis no pavillón municipal ou na pista cuberta do colexio.
Os organizadores recordan que debido á situación sanitaria actual é obrigatorio utilizar a máscara axeitadamente e manter a distancia de seguridade interpersoal.
ZUNCURRUNDULLO
Naceu como Banda de Gaitas en 1990, a partir dun grupo folk xa existente desde 1989 e despois de ser creada para o fomento da música autóctona e do devandito grupo, a Asociación Cultural Musical do mesmo nome.
Baixo a dirección de Cándido Díaz Moia, creouse dentro da Asociación, a Escola " Zuncurrundullo", onde na actualidade impártense as clases para a Banda.