Os residentes da residencia de As Gándaras volven concentrarse por novena vez para reclamar solucións

LugoXa
Os afectados aseguran que continúan sen recibir ningunha resposta nin proposta concreta por parte dos responsables do centro
manifestacion-residencia-maiores-as-gandaras
18 Jan 2026

Os residentes da residencia de As Gándaras, en Lugo, volveron concentrarse este sábado 17 de xaneiro por novena vez para reclamar unha solución á situación que veñen denunciando desde hai semanas. A día de hoxe, os afectados aseguran que continúan sen recibir ningunha resposta nin proposta concreta por parte dos responsables do centro.

Nesta nova mobilización, os residentes estiveron acompañados polo alcalde e por outros representantes políticos, ademais de contar novamente co apoio da Asociación Lucus Augusti, de familiares e de veciñanza, cuxa presenza reforzou o carácter reivindicativo da protesta.

As persoas concentradas insisten en que non reclaman privilexios, senón respecto, intimidade e condicións de vida dignas. Ante a ausencia de avances, anunciaron que o vindeiro sábado volverán mobilizarse, mantendo as concentracións ata que as súas demandas sexan atendidas.

⚙ Configurar cookies
0.080908060073853