Os socialistas de Mondoñedo presentaron unha batería de iniciativas ante a crise actual

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os socialistas de Mondoñedo prensentaron un documento no  Concello, que inclúe unha batería de iniciativas para paliar a crise do COVID-19.
4 May 2020

Os socialistas de Mondoñedo prensentaron un documento no  Concello, que inclúe unha batería de iniciativas para paliar a crise do COVID-19. Así o avanzou a voceira municipal do PsdeG-PSOE, Esperanza González quen sinalou “son medidas encamiñadas a reactivar ao comercio local, aos autónomos, as empresas e as familias, sempre que conten co respaldo xurídico e económico do Concello. Vai por diante a disposición do PSdeG-PSOE de Mondoñedo para traballar todos xuntos para saír desta crise”, dixo.

Remarcou que “a través deste documento, aberto, plural e realizado tras escoitar a colectivos da cidade, presentamos estas propostas para que poidan servir a voltar aos nosos traballos, as nosas empresas e a nosa vida social con máis seguridade, e sobre todo contando co apoio do Concello. E como membros da corporación municipal e preocupados polo futuro do noso Concello, queremos aportar posibles solucións para axudar a saír desta situación”.

Dende o PSdeG-PSOE entendemos que “unha medida necesaria é contar cun Servizo de asesoramento legal, a través da Deputación ou outro organismo que considere oportuno, para a tramitación de axudas ou asesoramento de autónomos, empresas, ou calquera outro colectivo afectado”.

Estudar posibles bonificacións

E para reactivar o comercio local, os autónomos e as empresas, entre outras propostas apoiamos o aprazamento do pago de impostos e taxas locais; a exoneración do pago das taxas por ocupación da vía pública, polo tempo no que actividade se atope pechada; a exoneración de taxas por utilización de viveiros municipais, mercados e outras instalacións municipais. E tamén estudar posibles bonificacións, en impostos como o Imposto de Actividades Económicas, Imposto sobre Bens Inmobles, Imposto de circulación de vehículos de tracción mecánica, imposto sobre construcións, instalacións e obras, etc. a autónomos e pequenas empresas con dificultades económicas como consecuencia do Covid. 

Tamén o compromiso para realizar PRONTO PAGO a provedores, así como estudar liñas de axudas económicas para a cobertura/pago das cotas dos autónomos que non estean exonerados, estudar caso a caso e sempre dentro da capacidade financeira do Concello e previo aos informes pertinentes.

Compra de material de seguridade

Para á volta a normalidade é necesario coordinar coas diferentes administracións a adquisición de material como mascarillas, EPIS, mamparas ou calquera outro dispositivo encamiñado ao establecemento de medidas de seguridade e saúde relacionadas coa prevención do COVID-19 no Concello.

Continuar co programa da ACIAM

No eido turístico, tal e como avanzou a CEL, son necesarias campañas de difusión turística en toda a provincia. E sempre que a alerta sanitaria o permita, continuar co programa de actividades impulsadas pola ACIAM para esta anualidade, así como iniciar unha nova de campaña de sorteo de vales de compra para incentivar e promover o comercio local. 

Homenaxe e recoñecemento

Ademais dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo “creemos que todos os sectores implicados nesta crise, dende os vendedores do súper ou da praza de abastos ata o vendedor de butano merecen unha homenaxe. Todas e cada unha das persoas, as familias, as empresas e os establecementos que están abertos, participando activamente para que todos poidamos saír adiante nesta situación de alarma merecen un recoñecemento. Unha mención excepcional deben recibir os servizos sanitarios, os servizos sociais, as farmacias, as traballadoras de axuda no fogar así como os usuarios e traballadores do Hospital San Pablo e do Asilo, tamén as forzas e corpos de seguridade, empregados municipais, protección civil e todos os mindonienses polo exemplar comportamento que están tendo a longo de estes días”. 

E por suposto que por mor desta pandemia nin un só mindoniense, nin unha soa veciña ou veciño desta vila poida quedar atrás nesta crise. Dende o Concello hai que activar todos as alertas, ben sexa a través da ordenanza de emerxencia social ou doutras medidas que se poidan tomar, para axudar de tódolos xeitos posibles a saír desta situación a calquera persoa ou familia en risco. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18374514579773