Os socialistas defenderán no Parlamento a ampliación da residencia de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A secretaria provincial e deputada autonómica, Patricia Otero argumenta que “a residencia de Burela, que conta con 88 usuarios, xestionada pola Xunta, precisa dun patio exterior para que os residentes poidan realizar paseos e actividade de física de mantemento diaria, xa que coa pandemianon poden facer saídas.
24 sep 2020

A secretaria provincial e deputada autonómica, Patricia Otero argumenta que “a residencia de Burela, que conta con 88 usuarios, xestionada pola Xunta, precisa dun patio exterior para que os residentes poidan realizar paseos e actividade de física de mantemento diaria, xa que coa pandemianon poden facer saídas. Quero lembrar que esta residencia conta con usuarios que non son dependentes, e polo tanto poden saír libremente do edificio, pero coa pandemia da covid-19 viron minorados as súas rutinas diarias”.

Sinala ademais que “representantes do grupo de familiares usuarios da residencia de maiores de Burela reuníronse xa co Goberno do Concello de Burela, quen amosou o seu apoio a esta reivindicación, así como a colaboración precisa para que este proxecto sexa unha realidade”.

Otero remarca que dada a situación actual polas limitacións da covid-19 “que impide aos seus usuarios poder saír da residencia, as familias dos usuarios fan esta petición xa que alegan que estar sempre dentro do edificio, está afectando psicoloxicamente ás persoas usuarias que se atopan ben e que estaban acostumados a realizar saídas diarias”, advirte. E lembra tamén que os “familiares de usuarios xa levan recollidas a día de hoxe máis de 1.000 sinaturas apoiando este petición”.

O edificio non contan con ningún espazo exterior

 “Con este patio exterior poderán airearse, tomar o sol ou realizar exercicios de ximnasia de mantemento, xa que agora a pandemia impídelles saír do centro, xa que o edificio non contan con ningún espazo exterior”, advirte Otero. A maiores os propios familiares explican que: “É unha residencia aberta na que as persoas que están ben poden saír, pero coa covid-19 só saíron os días 23 e 24 de xuño, porqué despois pecharon co rebrote que houbo, e agora puideron facelo 15 días de agosto, pero volveron a pechar polo aumento dos casos”.

0.20976614952087