Os socialistas presentan unha ofensiva parlamentaria en apoio aos traballadores de Alcoa

TerraChaXa | LugoXa
Os socialistas presentan unha ofensiva parlamentaria, tanto no Parlamento de Galicia como no Senado, para defender e apoiar aos traballadores de Alcoa, e para que o ERE presentado pola empresa sexa impugnado por fraude de lei.
69856558_2738028496210387_185372871554498560_n
8 Out 2020

Os socialistas presentan unha ofensiva parlamentaria, tanto no Parlamento de Galicia como no Senado, para defender e apoiar aos traballadores de Alcoa, e para que o ERE presentado pola empresa sexa impugnado por fraude de lei.

O Grupo Parlamentario do PSdG no Parlamento de Galicia e o Grupo Parlamentario Socialista no Senado, rexistraron para o seu debate iniciativas parlamentarias coas que apoian aos traballadores e traballadoras de Alcoa, e demandan que o ERE sexa impugnado pola autoridade laboral por fraude de Lei, si finalmente é presentado.

Para  os socialistas, coa ruptura unilateral de Alcoa das negociacións para a venda da factoría de  San  Cibrao a  Liberty, “demostrou que o seu único obxectivo é  deslocalizar a produción e deixar sen emprego aos seus traballadores levando á comarca a unha grave situación, tanto económica como social”.

Alcoa está “a manter un comportamento empresarial alleo ás boas practicas, sen indicio de responsabilidade social e merecedor do reproche da cidadanía e das súas institucións”.

As iniciativas socialistas, ademais, reiteran a esixencia a Alcoa para que de inmediato reinicie as negociacións para a venda, así como a demanda ao Goberno de España e á Xunta de Galicia para que sigan colaborando e presionando no obxectivo de evitar o peche da planta.

Con esta ofensiva parlamentaria, o Partido Socialista quere solicitar o maior apoio político, para asegurar que un novo investidor se faga cargo da actual factoría de Alcoa e asegurar o emprego e un futuro para A Mariña.

0.1588978767395