Os tardeos de Portomarín acollen dous concertos

LugoXa
Chegan os tardeos de Portomarín no día de hoxe e mañá luns con dous concertos que se levarán a cabo na praza do Concello.
portomarin tardeos cartel
8 Ago 2021

Chegan os tardeos de Portomarín no día de hoxe e mañá luns. Así pois, este agosto Portomarín quere encherse de vida, ambiente festivo e música -dentro das limitacións sanitarias-. Por esta razón, a praza do Concello acollerá neste domingo folclórico a charanga Bicoia. Un grupo de música que actuará as 19.30 horas e que traerá a Portomarín unha xornada de música e de ocio.

O luns 9 de agosto, pola súa beira, aterra o espectáculo Carta de ajuste, un proxecto basado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico. Neste caso, o concerto realizarase ás 20.30 horas na praza do Concello.

Dúas xornadas con actuacións musicais para que a vila de Portomarín acolla un ambiente festivo e ameno, no que prime a diversión e a responsabilidade individual.

0.21950697898865