Os monicreques fan parada este domingo en Castro Ribeiras de Lea
A casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá o domingo 18, ás 18.00 horas, a representación da obra de teatro de monicreques Saga de Flin Havaror, a cargo de Trécola Producións. Unha obra orixinal representada por marionetas de fíos e música en directo.
Eran as sagas unha cantiga á heroicidade de grandes guerreiros viquingos fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e secas polo clima nórdico e partían nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.
Non é o caso da Saga de Flin Havardr un pastor que albisca nun o son as súas proezas como guerreiro e, xa na realidade, leva a cabo unha viaxe inesperada acompañada por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou de valente aínda que é suficiente en creatividade.